A Asociación

Agrorural

SOBRE NOS

A Nosa Asociación

A asociación Agrogandeira e de desenvolvemento rural “AGRORURAL”, é unha Asociación Profesional de libre afiliación e sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Pontevedra, constituída ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo reguladora do Dereito de Asociación.

Os órganos de goberno están compostos pola Xunta Xeral e súa Xunta Directiva. A Xunta Xeral é o órgano soberano da Asociación e está integrada pola totalidade dos seus socios/as. Pola súa banda, a Xunta Directiva é a responsable da administración e a representación da asociación.

Dende AGRORURAL defendemos e  promovemos actividades relacionadas co sector agrícola, gandeiro e forestal, en todos os seus ámbitos, tanto económico como social, cunha incidencia especial na potenciación do consumo e dos mercados, propiciando un nivel competitivo das explotacións.